Parcelarias e estradas, prioridades da Xunta en Caldas-Umia

    TOURISCALDAS copia.jpg PORTAS> Segundo o delegado en Pontevedra, a administración autonómica investiu 32 millóns de euros na comarca nos últimos tres anos.

    {flowplayer}images/salnes/balance_touris_caldas160512.flv{/flowplayer}

    Máis de oito millóns de euros destinou a Xunta no que vai de lexislatura na dinamización das concentracións parcelarias na comarca de Caldas – Umia. Así se desprende do balance presentado polo delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

    No balance de actuacións destacan tamén os máis de dous millóns investidos pola consellería de Sanidade nesta comarca, dirixidos, sobre todo ó Centro de Saúde e ó PAC de Valga. Nestes tres anos a Xunta investiu preto dun millón de euros en centros educativos desta zona, e 9,4 millóns en políticas sociais e de emprego. A consellería máis investidora foi a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con 14 millóns e medio de euros. A obra máis destacada foi a reforma da estrada PO-221 Caldas – Moraña.

    CoresTourís indicou que están a estudiar novas propostas veciñais para mellorar a vía. Total clip 3 En total, a Xunta investiu máis de 32 millóns de euros na comarca de Caldas – Umia nos últimos tres anos. O delegado territorial destacou a colaboración que tivo destes concellos para acordar as obras máis prioritarias.

    Tourís presentou o balance en Portas, acompañado de representantes dos concellos de Portas, Moraña, Cuntis e Valga.

    Redacción Salnés