A ILLA> Este vindeiro domingo A Illa de Arousa será o escenario da gran manifestación contra Altri e a mina de Touro-O Pino. A voceira nacional do BNG fixo un chamemento este luns á participación masiva nesta mobilización na defensa do río Ulla e da ría de Arousa. Dende o municipio insular, Ana Pontón reclamou a denegación definitiva da macrocelulosa en Palas e paralizar o proxecto da megamina que, denunciou, o PP quere resucitar a pesar da súa grave afectación.
Dende o porto do Xufre, punto de chegada da mobilización do vindeiro domingo, a voceira nacional do BNG fixo un chamamento á participación masiva na protesta en defensa do Ulla e da ría de Arousa. Ana Pontón di que é o momento de sentenciar a morte dos proxectos de Altri e da mina de Touro – O Pino.
Pontón entende que a mobilización social deste domingo debe frear calquera pretensión de Altri para retomar o proxecto. Aínda que a macrocelulosa estea nestes momentos nun punto morto, alerta de ameazas futuras ameazas, do mesmo xeito que está a acontecer coa mina de Touro – O Pino que, adevirte, queren resucitar agora.
A voceira nacionalista contrapón estes proxectos coa riqueza que xeran as rías e, en especial, a de Arousa.
Nesa liña, o voceiro local do BNG. O tamén tenente de alcalde reivindica unha ría saneada e xeradora de riqueza e postos de traballo.
A manifestación do domingo partirá ao mediodía da praia do Bao e remata´rá no porto do Xufre. Está convocada polas plataformas en Defensa da Ría de Arousa, Ulloa Viva y Mina de Touro-O Pino Non.











