Industria habilita 17 novas liñas de axuda para aforrar enerxía

    aforroenerxetico copia.jpg SANTIAGO> Están abertas tanto a empresas como a administracións locais. A consulta e tramitación pode realizarse a través de internet.

    {flowplayer}images/salnes/AXUDAS_EFICIENCIA_ENERXETICA.flv{/flowplayer}

    Empresas de sectores como a industria, a agricultura, pesca, transporte, construción ou servizos públicos son as destinatarias do plan de eficiencia e aforro enerxético que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia. A consellería de Economía e Industria vén de publicitar unha nova liña de axudas para que estas firmas poidan implantar e ampliar nos seus negocios, medidas para consumir menos enerxía e apostar polas fontes renovables. As administracións locais tamén poderán solicitar estas axudas.

    A consulta e tramitación das subvencións poderá realizarse a través de internet. Cubrirán a realización de auditorías enerxéticas, a promoción de alternativas sustentables de transporte público e emprearia, a mellora do rendemento das instalacións térmicas e dos sistemas de iluminación e medidas de aforro no eido da agricultura e da pesca.

    Redacción Salnés