Ravella arríscase a devolver os 4,5 millóns de Luz Salgada

    fole_luz_salgadcopy.jpgVILAGARCÍA> O goberno central ven de denegar ó Concello a prórroga do prazo de execución dos fondos. Tomás Fole anunciou que presentará un requerimento previo.

    {flowplayer}images/salnes/LUZ_SALGADA_210512.flv{/flowplayer}

    Con data sete de maio, a Secretaría de Estado de Turismo remitiu ó concello de Vilagarcía a resolución pola que lle denegan a autorización para modificar o obxecto do préstamo e a ampliación do prazo de execución das inversións no marco do proxecto Luz Salgada, con cargo ó FOMIT, Fondo Financeiro do Estado para a modernización das infraestruturas Turísticas.

    Ante esta resolución, que foi exposta esta tarde á oposición, ponse fin á vía administrativa, polo que tal e coma explicou o alcalde de Vilagarcía, as únicas alternativas que nestes momentos se presentan para o concello son as de presentar un requirimento previo no prazo de dous meses ou interpoñer un contencioso administrativo. Tomás Fole adiantou que xa teñen un borrador do requirimento e que, en función da resposta, estudarán a vía do contencioso.

    Con todo, sen non hai marcha atrás, o concello terá que devolver uns 4’5 millóns de euros do préstamo de Luz Salgada. Para o goberno local, explicou Fole, non é máis que un exemplo da mala xestión feita polo bipartito e da falta de interese porque o proxecto saíse adiante.

    Aínda así, o que lamentou o rexedor local é que esta denegación non supón máis que a perda de inversións para Vilagarcía como a segunda fase das obras da praza de Abastos e a remodelación do parque da Xunqueira.

    Redacción Salnés