Cincocentos escolares participaron no Campionato de Orientación en Boiro

BOIRO> Cincocentos escolares participaron no campionato de orientación celebrado en Boiro. Os gañadores desta competición comarcal participarán no campionato provincial que se celebrará o vindeiro once de abril en Culleredo. Os alumnos que participaron nesta iniciativa tiñan como reto completar un percorrido guiados tan só cun mapa e a súa orientación.O éxito da convocatoria, con máis de cincocentos participantes de nove centros educativos da comarca, avala a aposta da Xunta de Galicia por esta disciplina deportiva integrada no programa de deporte escolar do goberno autonómico. Os gañadores desta proba zonal participarán no campionato provincial que se celebrará o próximo día once en Culleredo.