A Pobra incorpora a danza á súa programación de Nadal

A POBRA> A Pobra incorporará a danza á súa programación de Nadal este ano. Serán dous os espectáculos dos que poderán gozar os veciños no Cine Elma da man de Et Suseia Danza e Fran Sieira.

A concellería de Cultura amplía a programación de Nadal cunha nova arte escénica. O cine Elma será escenario de dous espectáculos de danza. O primeiro chegará o 14 de decembro da man de Et Suseia Danza, grazas á Deputación da Coruña.

O 27 de decembro o ribeirense Fran Sieira pechará na Pobra a xirá de Demente.

A entrada ós dous espectáculos será de balde. Dende o concello agardan que sexan do agrado do público co obxectivo de incorporar a danza á súa programación cultural.