A CIG reivindica que se cubran as baixas no SERGAS

     PONTEVEDRA> Os integrantes das listas de agarda para cubrir as baixas ou suplir ós actuais empregados do SERGAS demandan máis contratos…

    {flowplayer}images/salnes/concentracion_cig_hospital.flv{/flowplayer} … para mellorar a calidade da sanidade na área Integrada Área de Xestión Integrada Pontevedra-Salnés. Estes traballadores aseguran que os recortes están a precarizar aínda máis as súas condicións, facendo que teñan que esperar longas tempadas ata que os chamen para calquera substitución. Esta situación repercute, segundo aseguran, finalmente nos propios doentes que acoden ós centros hospitalarios desta contorna. Así as cousas, desde a CIG resumen as súas reivindicacións á Dirección da Área de Xestión Integrada Pontevedra-Salnés. As súas peticións van máis aló reclamando melloras tamén ó propio SERGAS. Este sindicato nacionalista reclama tamén outras melloras como a da creación dun Xefe de Persoal subalterno, así como a de encargados de quenda na Área Sanitaria do Salnés; cos que mellorar a organización dos traballadores. Redacción Salnés