A RFEF ensalza a figura de Diz na presentación da AF7

VILAGARCÍA> Esta mañá presentouse de xeito oficial a XVII Arousa Futbol 7. O evento, que terá lugar do 8 ó 10 de xuño, reunirá os mellores equipos do mundo en categoría alevín, entre eles o Barça e o Madrid, que enfrontaranse en primeira rolda. No acto, o Presidente de honra do torneo, Gaspar Rosety, avanzou que o nome de Manolo Diz, será proposto pola RFEF para que lle sexa outorgada a Medalla de Prata ó Mérito Deportivo.

{flowplayer}images/salnes/af7_220512.flv{/flowplayer} 

O Auditorio de Vilagarcía acolleu a presentación oficial da Arousa Futbol 7, un acto dirixido polo xornalista Terio Carrera e ó que asistíu numeroso público e persoeiros da política e o deporte. O evento, chega á súa 17ª edición, manténdose firme pese á crise e consolidado como un torneo de referencia a nivel internacional. Así o destacaba o Directo de Medios da Federación Española de Futbol, Gaspar Rosety, que aproveitou a ocasión para mandar un pequeno recado ós dirixintes.

Lete Lasa quixo defender o traballo que se fai dende as institucións galegas para apoiar este tipo de eventos.

A verdadeira sorpresa do acto foi o anuncio por parte de Gaspar Rosety da intención que ten a Federación Española de Futbol de plantexar á Secretaría do Estado para o Deporte que a Manolo Diz lle sexa outorgada a Medalla de Prata ó Mérito Deportivo, algo que colleu por sorpresa ó propio Diz.

No meramente deportivo, como ven sendo habitual nas últimas edicións, serán 16 os equipos que tomen parte no torneo. No Grupo A estarán Inter de Milán, Sevilla, Celta e Pabellón de Ourense; no B, a selección de Río de Janiero, Atlético de Madrid, Deportivo da Coruña e Lalín; no C, Paris Saint Germain, Español, Valencia e Victoria e no D, Oporto, Real Madrid, FC Barcelona e Montañeros. Os partidos arrancarán o venres ás 09:15. O choque inaugural medirá a Celta e Pabellón. A primeira fase rematarase o sábado ó mediodía. O encontro máis esperado, xunto coa final, é o gran clásico entre Madrid e Barça e disputarase o sábado pola mañá, ás 11:55.

Xa o sábado pola tarde xogaranse os cuartos de final e para o domingo pola mañá as semifinais e a final. Por primeira vez o torneo non rematará pola tarde, xa que coincidiría o horario co España – Italia da Eurocopa e iso podería restar presencia de público nas bancadas.

Redacción Salnés