Arosa e Grupo Junquera xogan a favor de Cáritas

VILAGARCÍA> O campo da Lomba foi escenario onte dun partido benéfico entre Arosa e Grupo Junquera. Con esta iniciativa recádoronse preto de 1.200 euros que irán a parar de xeito íntegro a Cáritas Interparroquial Arousa. O resultado era o de menos. Iso sí, venceu o Arosa por 10-1.

Onte tocaba ser solidario en Vilagarcía. Aproveitando o día festivo de Santa Rita, Arosa e Grupo Junquera organizaron un partido a beneficio de Cáritas Interparroquial Arousa.

Segundo a organización, recadáronse 1.020 euros a través da venta de entradas, colocadas a un prezo de 5 euros, e outros 158 coa venta de rifas para o sorteo dun cadro de Chazo.

Aínda que a presencia de público foi menor da agardada, toda axuda é ben recibida por Cáritas Arousa. Entre os asistentes, unha nutrida presencia institucional. Non se quixo perder o partido o alcalde Tomás Fole, tampouco o edil de deportes Luís Garrigós ou a socialista Tania García.

No estrictamente deportivo, o Arosa deixou moi encarrilada a súa victoria. Neste encontro de ida os de Lino González superaron sen problemas ó Junquera por 10-1. Ós xogadores de fútbol sala fíxoselles moi grande o campo, se ben en xuño terán a oportunidade de devolvérllela moeda no encontro de volta, que se xogará no pavillón de Fontecarmoa. A renta do Arosa semella suficiente, pero todo é posible.

Do máis destacado, a presencia sobre o terreo de xogo do adestrador do Junquera Marcio Simeao, que deixou claro que non se esquenceu de xogar ó fútbol. O importante, para o encontro de volta, será que a entrada no pavillón vilagarcián sexa a maior posible para seguir recadando fondos en favor de Cáritas.

Redacción Salnés