Rasoeiro e Agnusdei chegarán necesitados ó derbi

balonman250_100209.jpgSALNÉS> Os dous equipos do Salnés complícanse a salvación despois de sufrir sendos tropezos esta semana. O menos agardado foi o do Rasoeiro, que caeu en Monte da Vila ante o Camariñas nun partido con moitas alternantivas no marcador.

Prácticamente ninguén agardaba a derrota sufrida polo Rasoeiro esta fin de semana. O Camariñas, que aínda non puntuara nesta fase pola permanencia, presentábase en Monte da Vila coa intención de dar a sorpresa, e deuna.

O partido comezou equilibrado, con pequenas diferencias para uns e outros no marcador, pero sempre dentro dunha tónica igualada. Nos últimos dez minutos do primeiro tempo o encontro rompeuse debido a un atasco en ataque dos grovenses, que recibiron un parcial de 0-7 que os deixou catro abaixo ó descanso (12-16).

Lonxe de reaccionar, os primeiros compases do segundo tempo foron moi similares e os visitantes acadaron rentas de oito goles. Entón chegou a reacción local, que cun parcial de 9-1 chegaron a poñer o empate no marcador (22-22).

O sobreesfrozo pasoulles  factura no último tramo, o Camariñas chegou máis fresco e concentrado, e levouse o triunfo (28-33). O visitante Alberto, con 16 tantos, foi o gran protagonista do choque.

O Albariño Agnusdei pola súa parte plantoulle cara ó líder do grupo, o Balonmán Deza pero non foi suficiente como traerse algo positivo de Lalín (29-26). O encontro transcurríu igualdao ata o minuto 40; nese intre, catro exclusións consecutivas dos meañeses fixéronlles xogar moitos minutos en inferioridade numérica, algo que aproveitou o cadro local para marcharse no marcador e sentenciar o partido.

O esforzo do Agnusdei nos últimos minutos servíulles para deixar a diferencia en tan só tres goles, algo sempre importante de cara ó golaverage. Touza e Gonzalo foron os máis destcados nos meañeses, ó anotar entre ambos 18 goles.

Redacción Salnés