O Pontevedra CF enfrontarase ao Racing de Ferrol no Trofeo Luis Otero

PONTEVEDRA> Todo preparado para celebrar un dos eventos deportivos máis tradicionais da cidade. O Trofeo Luis Otero celebrará a súa sesaxésima edición o día 24. A cita, que enfrontará ao Pontevedra e ao Racing de Ferrol, marcará o inicio de pretempada do conxunto granate.

O Pontevedra CF comeza a quentar motores para a vindeira tempada. E o fai, como é tradicional, co Trofeo Luis Otero. Un clásico na cidade que ademais honra a un gran deportista.

Este encontro marca todos os anos o inicio da pretempada do Pontevedra. Nesta sesaxésima edición, o conxunto granate enfrontarase ao Racing de Ferrol.

A presidenta do Pontevedra aproveitou o acto de presentación do Trofeo Luis Otero para deixar claras as liñas sobre as que traballará nesta tempada o conxunto de Luismi.

O Trofeo Luis Otero disputarase o vindeiro 24 de xullo no estadio de Pasarón. A entrada será gratuíta para os socios do Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí