Suspenden de emprego e soldo á interventora de Boiro

    suspensioninterventoraboiro.jpgBOIRO> A decisión tomouse tras rexistrarse denuncias de comportamentos pouco apropiados e abusos por parte da funcionaria.

    {flowplayer}barbanza/suspensioninterventoraboiro.flv{/flowplayer}

    O pleno extraordinario urxente convocado polo equipo de goberno tiña coma principal punto da orde do día abordar a resolución do expediente disciplinario aberto contra a interventora municipal, Paloma Caínzos, por unha serie de denuncias presentadas o pasado mes de novembro por varios empregados municipais, a través do comité de empresa, por uns presuntos comportamentos impropios e vexatorios desta, así como resolver as alegacións presentadas pola funcionaria no último día de prazo. O punto saiu adiante cos votos a favor do PP e ICBoiro, a abstención de PSOE e UPBoiro e os votos en contra do BNG.

    Queixas reiteradas

    Dende o equipo de goberno sinalaron que non se trata dunha decisión política e que foi tomada para rematar cun problema interno no departamento de intervención que estaba a prexudicar o normal funcionamento da área de servizos económicos do concello.

    Contra esta sanción a funcionaria ademais das alegacións presentadas contra  que foron abordadas no pleno, poderá tamén presentar recurso de reposición ó expediente ou posteriormente a través do contencioso administrativo.

    Oposición

    Os dous principais grupos da oposición, BNG e PSOE, criticouse a premura da convocatoria do pleno, tanto o celebrado o pasado luns, para ratificar a sanción á interventora, coma o desta tarde, no que foron analizadas as alegacións presentadas pola propia funcionaria ó expediente.

    así o voceiro do grupo municipal do BNG e anterior alcalde, Xosé Deira, esgrimiu as razóns que levaron ó seu grupo a votar en contra da sanción imposta á interventora, ó considerar que as formas na que se levou a cabo a tramitación do expediente non foron as máis correctas, chegando mesmo a dubidar das competencias do propio pleno para ratificar a proposta de resolución do mesmo.

    Falla de tempo

    Pola súa banda o voceiro do Partido Socialista, Xoán Xesús Ares, criticou o pouco tempo que tivo o seu grupo para poder analizar todo o expediente, razón pola cal decidiron absterse no pleno.

    Redacción Barbanza