Feijóo pon en valor o papel do sector pesqueiro durante a crise sanitaria

RIBEIRA> O presidente da Xunta de Galicia destacou en Ribeira o esforzo do sector pesqueiro por manter a oferta de produto durante o estado de alarma. Fíxoo durante unha visita á lonxa da capital barbanzá acompañado pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana.

O sector extractivo está a ter un papel clave no subministro de alimentos ó longo desta crise sanitaria. Así o destacou o presidente da Xunta nunha visita á lonxa de Ribeira coa que quixo poñer en valor o papel dos profesionais do mar. Alberto Núñez Feijóo comprobou de primeira man o esforzo realizado polo sector para desenvolver a actividade con tódalas medidas de prevencións necesarias. Cómpre lembrar que foi preciso susender as poxas presenciais ata finais de abril. A Xunta colaborou tamén na adopción destas medidas coa distribución de elementos de protección nos distintos portos para o seu uso por parte dos mariñeiros e persoal das lonxas.

Con respecto ó mantemento da comercialización dos produtos, o presidente destacou os controis esenciais realizados polo Intecmar para manter a venda dos recursos marisqueiros con total garantía durante o estado de alarma. Vendas que a administación autonómica pretende incentivar a través da campaña ‘Merca produto fresco do Mar. Estamos no mesmo barco’ coa que anima a consumir produtos do noso mar.

Así mesmo, no ámbito da comercialización, e co obxectivo de obter información que soporte as demandas do sector ante outras administracións, a Xunta realiza un seguimento periódico dos prezos e da actividade das lonxas a través dun contacto continuo co sector produtor para axeitar a oferta á demanda actual e abastecer o mercado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí