POBRA> Unha vez posta en funcionamento a intención do goberno local pasa por solicitarlle á Xunta a súa homologación para poder incorporala á rede CeMIT.
{flowplayer}barbanza/aulainformaticapobra.flv{/flowplayer}
O Secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, foron os encargados de inaugurar a nova aula de informática e multimedia da localidade que está situada nos baixos da propia casa consistorial. Durante o acto inaugural o alcalde destacou a importancia destas instalacións nas que se poderán desenvolver diferentes cursos de formación no eido das novas tecnoloxías, agradecendo o investimento realizado pola Xunta de Galicia nesta aula que se achegou no seu total ós 22 mil euros.
Incorporación á rede CeMIT
Pola súa banda o Secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, referiuse a que a inauguración desta aula permitirá seguir traballando na eliminación paulatina da denominada fenda dixital, unha das principais prioridades do actual Goberno Autonómico. A intención do executivo pobrés unha vez posta en marcha pasa por solicitarlle á Xunta a súa homologación para incorporala á rede CeMIT e así poder acceder á programación ofertada.
Totalmente equipada
A nova aula informática conta con nove equipos informáticos, tanto para o alumnado coma para o persoal docente, así como tamén cun proxector multimedia, pantalla extensible e sistema de son.
Redacción Barbanza