Cultura paraliza as obras en Torre Xunqueiras por tratarse dun BIC

    paralizaciontorrexunqueira_100_.jpgPOBRA > A Consellería de Cultura ordeu a paralización cautelar das obras da Torre de Xunqueiras porque non contan cos permisos pertinentes.

    {flowplayer}barbanza/paralizaciontorrexunqueira.flv{/flowplayer}

    O pazo da Xunqueira está declarado Ben de Interese Cultural, polo que de conformidade coa Lei de Patrimonio de Galicia calquera intervención que se realice no edificio ou no seu contorno deberá ser autorizada pola Consellería de Cultura, mesmo previamente á concesión da licencia municipal.

    Asemade, a Consellería debe ser informada de todos os plans, programas e proxectos, tanto públicos como privados que poidan implicar risco de destrución ou deterioro do patrimonio cultural galego.

    Varias denuncias

    A actuación que dende hai meses se está a realizar no recinto do Pazo da Torre de Xunqueiras, consistente na construcción dun edificio, xa fóra denunciada en varias ocasións pola agrupación local do partido socialista porque carece das correspondentes licencias tanto municipais como autonómicas. Hai dúas semanas, os edis socialistas expresaron o seu malestar porque malia denunciar en reiteradas ocasións estes traballos de edificación, aínda se estaba a traballar na construcción deste inmoble.

    Expediente sancionador

    A delegación provincial de Cultura xa deu conta á Dirección xeral do patrimonio dos feitos por se procedera a apertura dun expediente sancionador.

    Non obstante, o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras explicou que estes traballos conta con licencia municipal e con autorización de Patrimonio dende o ano 1995, cando se comezou a actuación no recinto do pazo. Máis tarde, estes traballos paralizáronse ata hai uns meses que se reinciaron de novo.

    Asemade, o rexedor pobrés sinalou que xa se lle enviou a Consellería de Cultura toda esta documentación para intentar solventar a situación o antes posible.

    Redacción Barbanza