Dragóns, cíclopes e aves fénix ‘invaden’ a praia da Lanzada

    esculturas_lanzadacopy.jpgGROVE> 800 escolares participaron esta mañá na VIII edición de ‘Creación e convivencia na Lanzada’ que este ano tratou sobre os seres mitolóxicos.

    {flowplayer}images/salnes/ESCULTURAS_AREA_LANZADA_240512.flv{/flowplayer}

    Dragóns, ciclopes, aves fénix ou Krakens. Estes foron algúns dos seres mitolóxicos que invadiron esta mañá a praia da Lanzada. Lonxe da realidade, estes son algúns exemplos das representacións que escolares de secundaria fixeron sobre a area dentro da VIII edición de ‘Creación e convivencia na praia da Lanzada’.

    Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Departamento de Debuxo do IES Monte da Vila. Este ano verteu sobre os seres mitolóxicos de calquera cultura. O obxectivo é que estes estudantes poidan traballar as grandes dimensións e o fagan en grupo.

    Ademais, falamos dunha actividade que xurdiu un pouco por casualidade, tal e coma nos confesou a súa artífice. Agora, oito anos despois, de participar do redor de 200 rapaces, este ano na Lanzada déronse cita case 800.

    Ás nove da mañá comezaron estes escolares as súas obras que previamente tiveron que deseñar nas aulas e que, agora rematadas, serán valoradas polos profesores. Pero aínda que para algúns foi un traballo duro, para todos pagou a pena.

    Redacción Salnés