As augas da Praia da Compostela e da Concha son aptas para o baño

    VILAGARCIA> Ca chegada dos primeiros bañistas ás Praias da Compostela e da Concha, chega tamén a primeira polémica sobre os areais de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_augas_praias_villa.flv{/flowplayer}

    Tralas afirmacións dun grupo da oposición nas que aseguraban que as augas non eran aptas para o baño, o Concello atallou o ruxe-ruxe con completa información; a escasos días de que comece oficialmente a tempada de baño.

    O informe da polémica data do 2011, cando por mor dun verquido puntual de augas fecais subiron os índices de e-colis permitidos, co que a auga do mar se volveu non apta para o baño humano. Unha situación puntual que foi atalla de seguido; aínda que para os parametros da Unión Europea tardarán en mudar.

    E é que esto non é Palomares nin moito menos, pero a edil de Sanidade non ten medo en asegurar que fai a seguir desfrutando deste mar da Compostela sen reservas. Con todo, varios bañistas denunciaban a aparición dun vertido espumoso moi recentemente, que aínda que non fora tóxico, quitoulles a moitos as ganas de estar na praia, e así o quixeron facer público.

    Redacción Salnés