A ANPA da Escardia reclama melloras para a calidade do ensino dos seus fillos

    VILAGARCIA> Pais e alumnos do colexio da Escardia en Vilagarcía saíron esta semana a rúa para solicitar a educación máis profesores de apoio. Dende a ANPA do centro aseguran que hai un importante número de nenos con necesidades especiais. Outra das peticións é un orientador escolar a tempo completo e non compartido con outros centros. A ANPA do colexio da Escardia en Vilagarcía ten unha mensaxe moi clara para os responsables da Consellería de Educación na provincia. Os pais sinalan que hai varios nenos con necesidades especiais que non están atendidos como debidamente deberan , por outro lado a representante do ANPA sinala que outra necesidade de este centro é que haxa un orientador a tempo completo e non compartido con outros centros. Ademais sinalan que hai recomendacións para desdobrar unha aula de primaria para conseguir un mellor funcionamento, por iso solicitan a Educación que se faga efectiva. Os pais dos alumnos da Escardia sinalan que o curso está xa a piques de rematar e os problemas continúan polo que solicitan unha pronta solución para as súas demandas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/reclamacions_anpa_escardia_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/reclamacions_anpa_escardia_villa.mp4{/flowplayer}