A Casa Museo Valle Inclán celebra a súa década de existencia

    VILANOVA> A Casa Museo Valle Inclán cumpre dez anos de existencia cun dos maiores volumes de visitantes de toda a xeografía galega.

    {flowplayer}images/salnes/aniversario_cuadrante_250512.flv{/flowplayer}

    Ata esta casa natal do escritor creador do esperpento acudiron neste acto de celebración, representantes de varios estamentos políticos que quixeron comprobar sobre o terreo o froito da remodelación deste espazo fai unha década que fixeron del un dos centros culturais máis visitados en toda a xeografía. Mantense así Ramón María del Valle Inclán como un dos máximos expoñentes da literatura española desde Galicia.

    O acto oficial de celebración estivo marcado pola austeridade e xirou en torno á descuberta dunha estatua do escritor vilanovés: unha creación de Lucas Míguez feita en madeira de samba e pintada logo de aplicar a técnica do estofado, para que este encargo feito con premura puidese estar listo para presidir o museo neste día tan destacado.

    A este evento non quixeron faltar moitos veciños da contorna e, como dixemos, autoridades dos distintos gobernos, agás a Ministra de Fomento, Ana Pastor, que por un inconvinte de última hora non puido acudir á cita. A celebración continuou esta noite cun concerto da parella Teo Cardalda e María Monsonís; anteriormente coñecidos como Cómplices; e, xa o sábado, cun concerto ó solpor da Coral Cantigas do Castro de Baión, neste mesmo enclave.

    Redacción Salnés