A Consellería de Medio Ambiente cualifica a Sanxenxo como un exemplo de municipio turístico sostible

SANXENXO> O concello de Sanxenxo busca converterse nunha referencia de municipio sostible. A vila reduce a recollida de lixo orgánico e aumenta a reciclaxe. Dende a xunta eloxian a labor que está a facer o concello e xa traballan en novas actuacións para seguir contribuíndo a mellorar o medio ambiente.

Dende hai anos o concello de Sanxenxo é un referente en canto ao turismo. Para conseguir este reclamo é importante ter unha vila coidada e respectuosa co medio ambiente. Nesta liña traballa o goberno local, que ven de mellorar de novo os datos de reciclaxe dos anos anteriores buscando converterse nun referente, tamén neste campo.

Ante estes bos datos, a conselleira visitou a vila e destacou o traballo que se está a facer en Sanxenxo.

A conselleira felicitou ao concello pola reorganización que fixo dos contedores e por mellorar o servizo do municipio. Ángeles Vázquez asegurou que o concello recibirá 20 mi euros para adquirir máis contedores así como un punto limpo móbil.

A conselleira cualificou a Sanxenxo como un exemplo de concello turístico sostible. Ambas administracións adiantaron que xa están traballando no desenvolvemento de novos proxectos para que a vila siga contribuíndo a mellorar o medio ambiente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí