ADEBITA si ós afectados pola fraude filatélica que non recuperarán os cartos

    afectadosafinsa_100_010606.jpgVILAGARCÍA > ADEBITA, a Asociación Galega de Inversores en Bens Tanxibles, é a unica entidade sen ánimo de lucro creada na nosa comunidade hai escasamente un mes para defender os dereitos dos estafados por Afinsa e Fórum. Os seus avogados din que é imposible a recuperación total dos cartos invertidos e así llelo fixeron saber a mais dun cento de afectados que acudiron a informarse a Vilagarcía.

    afinsafraude_300_090506.jpgOs avogados de ADEBITA din que é utópico crer que se poderá recuperar o invertido en Afinsa e Fórum. Moitos dos afectados da comarca coñeceron de primeira man as medidas legais que se emprenderán ante a presunta estafa de ambas entidades. Nas empresas existían activos por valor de 7 mil millóns de euros e o activo patrimonial co que contan non chega ós 600 millóns de euros, polo que é impensable a recuperación de todo o invertido.

    Entre as medidas que emprenderá a entidade para tratar de recuperar o máximo posible do invertido será demandar ó Estado por deixación de funcións ante unha situación que xa coñecían dende hai anos.

    Din que a responsabilidade do Estado é clara pola falla de normativas que garantan as inversión en bens tanxibles e que os non afectados non poden criticar que se pida a ‘papá Estado’ que faga fronte á estafa. Sen embargo, o debate está na rúa.

    Redacción Salnés