Unha banda de cine

banda_vilagarcia100_120109.jpgVILAGARCÍA > As grandes bandas sonoras do cine volveron soar no Auditorio Municipal grazas á Banda de Música de Vilagarcía.

{flowplayer}images/salnes/CONCERTO_BANDA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA > As grandes bandas sonoras do cine volveron soar no Auditorio Municipal grazas á Banda de Música de Vilagarcía.

O sábado pola tarde, os músicos dirixidos por Suso Nogueira, interpretaron as pasaxes máis famosas do cine, tales como Mary Poppins, o Rei León, O bo, o feo e o malo, Harry Potter, Grease ou Piratas do Caribe. A particular homenaxe rendida polos preto de setenta músicos cos que conta a banda leva por título ‘Recordando aos nosos cines: Fantasio, Arousa e Cervantes’.

A deste sábado foi a segunda entrega do espectáculo. Á banda non lle quedou máis remedio que ofrecer un bis tralas múltiples peticións populares. Como remate, os máis novos da agrupación tiveron un detalle para os nenos.

Redacción Salnés