Círculo de Empresarios, IGAPE e Cámara de Comercio animan á internacionalización

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/internacionalizacion_empresas_camara.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/internacionalizacion_empresas_camara.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> A aposta pola internacionalización ven sendo unha das claves para axudar as empresas a sobrelevar a crise. Este foi o tema central do acto que acolleu esta mañá a Cámara de Comercio de Vilagarcía: unhas conversas con empresarios para destacar a internacionalización como un factor estratéxico para o desenvolvemento económico.

Saír cara mercados exteriores é unha das claves para superar a crise económica. A internacionalización é a estratexia pola que están a apostar moitas empresas que, deste xeito, tiran tamén da economía galega.

Para animar ás empresas e ofrecerlles a información precisa, o Círculo de Empresarios de Galicia ven realizando estas charlas. Nelas contaron co Igape, que busca contactar directamente cos empresarios para explicar algúns dos pasos a seguir.

Despois do seu paso por O Barco, Foz, Barbanza e Carballo, chegaron hoxe a Vilagarcía.

O Círculo despedirá este ciclo a vindeira semana dende Ferrol.