‘Fole é o responsable da perda de 1’6 millóns de euros de Luz Salgada’

    psoe_villa_luz_salgadacopy.jpgVILAGARCÍA> Así de rotunda se amosou a líder dos socialistas, Tania García. Só responde, engadiu, á incompetencia do novo goberno local.

    {flowplayer}images/salnes/PSOE_LUZ_SALGADA_250512.flv{/flowplayer}

    A perda de 1’6 millóns de euros dos fondos do Proxecto de Luz Salgada no concello de Vilagarcía, destinados á remodelación do parque da Xunqueira e do de Celso Emilio Ferreiro, é responsabilidade do alcalde. Así de rotunda se amosou a líder dos socialistas, Tania García. Esta asegurou que o goberno local era coñecedor que a prórroga para executalas obras do proxecto remataba o 25 de maio e que non fixo nada ata pasados catro meses do inicio do seu mandato.

    E é que, explicou Tania García, o proxecto que eles deixaran redactado para o parque da Xunqueira só restaba licitalo ó contar no seu momento con tódolos permisos necesarios. Polo tanto, ante o que consideran unha incompetencia do alcalde, adiantou a líder socialista, van pedir responsabilidades.

    Outro dos asuntos dos que falou García foi do problema de inundacións que padecen no barrio de Matosinhos. Esta asegurou que existe un acordo plenario para solucionalo problema. Por iso, no seu día solicitaron unha axuda europea a través da Deputación. Ante a falta de novas respecto á mesma, os socialistas piden tamén explicación a Louzán e a Fole.

    A este respecto tamén falou o alcalde. Fole explicou que dita axuda non foi concedida porque finalmente a Deputación solicitou unha liña dirixida a novas tecnoloxías e non a proxectos medioambientais.

    Con todo, o rexedor local asegurou que xa están traballando na busca de financiamento para executalas obras ante a falta de fondos propios para facelo este ano.

    Redacción Salnés