A oposición lamenta a apertura do Centro de Día con só dez prazas

    VILAGARCIA> O Concello de Vilagarcía ven de aprobar en pleno o cambio de finalidade do remanente de Tesourería para dedicalo ó Acondicionamento…

    {flowplayer}images/salnes/pleno_villa_290512.flv{/flowplayer}

    … hidráulico do Río do Con; ou o que é o mesmo, reconducir o regato que transcorre polo baixo dun edificio na rúa Rodrigo de Mendoza. Tódolos grupos políticos estiveron dacordo en resolver este problema da cidadanía xerado por unha concesión municipal errónea ou a falla de control sobre a construcción do edificio en cuestión.

    Con todo, o BNG alertou sobre a diferencia de cantidades a abonar pola mesma obra, agora que goberna o Partido Popular en Vilagarcía. No que si non estivo dacordo a oposición, e tivo que ser aprobada unicamente polos votos do PP e IVIL, foi o de priorizar a compra dun novo software informático para levar as contas e xestións do Concello, así como adquirir novos equipos para instalar dita programación.

    O outro punto polémico foi a sinatura do Convenio para abrir o Centro de Día do edificio dos Desamparados só con dez prazas das 20 posibles durante os vindeiros dous anos. A oposición entende que a atención ós dependentes debe ser prioritaria nun Concello no que existen unhas 936 persoas susceptibles de precisar este servicio. A consecuencia deste último debate plenario, o Concello de Vilagarcía ven de anunciar que ampliará a información dispoñible na web municipal sobre as retribucións dos Concelleiros e os custes desta corporación para o erario público.

    Redacción Salnés