Os veciños de Vilagarcía prefiren que se conserve a Ponte de Vista Alegre

    enquisa_vista_alegrecopy.jpgVILAGARCÍA> Este é resultado da enquisa tralas declaracións do alcalde nas que aseguraba que a cidadanía decidiría o futuro da construción.

    {flowplayer}images/salnes/ENQUISA_PONTE_VISTA_ALEGRE.flv{/flowplayer}

    Mentres o informe de Augas de Galicia recomenda que se modifique a estrutura da ponte de Vista Alegre para darlle solución ós problemas de inundacións da zona, tamén existe un documento de Patrimonio que prohibe que se faga calquera actuación sobre esta construción. Ante esta controversia, o alcalde aseguraba onte que Ravella será quen tome a decisión, decisión que, subliñou, será a da maioría dos veciños. Hoxe na rúa, o parecer dos vilagarciáns foi unánime: non se debe actuar sobre esta ponte. Aínda así, entenderían que se fixera algunha pequena obra.

    E é que como aseguraron moitos veciños, esta ponte, ó igual que outras moitas construcións do municipio, xa forman parte da historia de Vilagarcía polo que o importante, destacaron, é conservalas e non actuar sobre elas.

    Sobre o que si fixeron fincapé os vilagarciáns é sobre a necesidade de darlle unha solución ós vertidos ó río Con.

    O Consello Económico e Social de Vilagarcía foi o marco escollido polo goberno municipal para tratar o asunto da ponte de Vista Alegre aínda que, polo de agora, non hai data prevista para a primeira reunión.

    Redacción Salnés