MEIS> O Partido Popular provincial acude practicamente ao completo a Meis para apoiar a presentación da candidatura de Marta Lucio. Nun acto no que estiveron presentes Mariano Rajoy, Ana Pastor e Luís López, os populares destacaron a importancia de apoiar á súa candidata para que Meis recupere o seu potencial dentro da comarca.
O Partido Popular provincial deuse cita este fin de semana en Meis para apoiar a candidatura á alcaldía de Marta Lucio. Nun acto non que non faltaron algunhas das caras máis importantes da formación como Mariano Rajoy ou Ana Pastor. Os populares defenderon a ilusión, a formación e o cariño á Meis de Marta Lucio.
O presidente do PP en Pontevedra, Luís López, resaltou a importancia para Meis de que Marta Lucio sexa candidata fronte ao goberno actual.
A candidata presentouse como unha veciña máis de Meis que quere o mellor para a súa vila. Apostando por un goberno centrado nos veciños e nas parroquias.
No acto tamén presentou ao seu equipo. Unha lista encabezada por representantes de todas as parroquias e variada en canto idades e profesións.
Obxectivo da candidata popular é acadar a maioría absoluta, consciente de que o BNG e o Psoe aliaranse en caso de que o necesiten.