A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública remata a súa campaña polas listas de agarda

BARBANZA> Dentro da campaña pola visibilización das listas de espera para revisións que está a  realizar dende hai varias semanas a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza, esta mañá tiña lugar, ás portas do hospital, unha recollida de sinaturas.

Dende a entidade seguen a solicitar unha reunión cos xerentes da área e do distrito, para informar sobre a situación das listas de espera de revisión, ó non ser consideradas listas de espera.

A campaña levada a cabo durante as últimas semanas chega hoxe ó seu fin, cun alto grao de receptividade por parte da veciñanza, ó ser un problema que lles preocupa especialmente.

Dende a Plataforma fixeron ademais unha chamada a participar este vindeiro domingo en Santiago, na mobilización convocada por SOS Sanidade Pública, ás 12 da maña na Alameda, en contra do deterioro da sanidade pública en Galicia.