O CEIP de Vilaxoán celebra os seus Xogos Olímpicos particulares

    vilaolimpiadascopy.jpgVILAXOÁN> As denominaron Vilaolimpiadas. O que pretenden é que os alumnos coñezan a historia dos xogos, a súa orixe e vivan, ademais, o espírito olímpico.

    {flowplayer}images/salnes/OLIMPIADAS_CEIP_VILAXOAN.flv{/flowplayer}

    Baloncesto, voleibol, lanzamento de disco, salto de altura ou carreiras de relevos. Estes son algúns dos deportes que contemplan as Vilaolimpiadas organizadas no CEIP de Vilaxoán. Trátase duns Xogos Olímpicos en toda regra a pequena escala na que participan tódolos escolares do centro.

    Esta iniciativa enmárcase dentro dun proxecto deseñado polo departamento de Dinamización Lingüística para todo o curso e no que está involucrado todo o colexio. Con isto pretenden que os alumnos coñezan a historia dos Xogos, a súa orixe e vivan, ademais, o espírito olímpico.

    Hoxe foi a quenda dos rapaces de sexto, quinto, cuarto e terceiro de primaria. Onte foi a inauguración coa colocación dos aros, a lectura dun xuramento e o desfile coas diferentes bandeiras. Mañá e pasado participarán os máis cativos para xa o venres facela clausura e a entrega de trofeos.

    Eles mesmos, os protagonistas destas Vilaolimpiadas, que suman un total de 260 alumnos do centro, nos contaron os diferentes xogos que practicaron, cal foi o que máis lles gustou e como foi a experiencia. Nestas Vilaolimpiadas tamén contaron cunha mascota, nesta ocasión foi un polbo.

    Redacción Salnés