Vázquez Cobas volverá encabezar a candidatura do BNG en Ribeira

RIBEIRA> Xosé Antón Vázquez Cobas repite como candidato do BNG á alcaldía de Ribeira. Na carreira electoral conta co aval dun equipo solvente así como do traballo feito ó longo destes catro anos á fronte da oposición.

A presentación do candidato do BNG ribeirense tivo lugar esta mañá no transcurso dun almorzó informativo. Contou coa presenza da deputada  Montse Prado que destacou a confianza do partida en Vázquez Cobas, elixido por unanimidade pola asamblea local.

Ademais da confianza dos seus compañeiros de filas, Vázquez Cobas conta con outros avais para concorrer ás municipais de maio. Adolfo Muíños destacou o seu traballo dende a oposición basado no diálogo e na colaboración.

Pola súa banda, o candidato asume por segunda vez este reto co firme propósito de transformar Ribeira para convertela nunha vila accesible, plural e xeradora de emprego.

Conta neste propósito cun equipo preparado e coas ideas claras, o único segundo el con capacidade para gobernar Ribeira.