Máis de 220 persoas do Salnés e O Barbanza atoparon traballo a través de Amigos de Galicia

VILAGARCÍA> No que vai de ano, máis de 200 persoas en risco de exclusión social conseguiron un emprego a través da Fundación Amigos de Galicia. A entindade fixo hoxe balance da súa xestión, salientando o apoio á infancia. No aranque deste curso entregaron máis de 1.900 mochilas con material escolar.

No que vai de ano máis de 220 persoas do Salnés e O Barbanza en risco de exclusión social conseguiron un traballo a través da Fundación Amigos de Galicia. A entidade superou xa o milleiro de atencións nas súas novas oficinas de orientación laboral de Matosinhos.

Hoxe o colectivo fixo balance da súa acción social nun xantar informativo, poñendo o acento na atención á infancia. Ademais de personarse en distintas causas, como no triplo crime de Valga, o colectivo quere salienta-las súas campañas de recollida de material escolar para familias con escasos recursos. A deste curso que acaba de comerzar, superou tódalas expectativas.

Na Fundación agradecen o apoio mediático que se traduce nun incremento dos voluntarios que traballan con eles.

Rematada xa a campaña escolar, a Fundación pon o a vista xa na do Nadal, na que reparten agasallos entre as familias con menos recursos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí