Rosa Quintana clausura a xornada sobre o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa

GALICIA> A Conselleira do Mar participou na xonarda sectorial sobre o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa. Rosa Quintana ratificou a aposta da administración por achegar esta actividade á cidadanía facéndoa máis accesible e atractiva. Nos últimos catro anos, os tránsitos nos portos deportivos de Galicia acadaron un incremento do trinta por cento. Estas cifras constatan a consolidación dunha actividade de gran impacto económico para o sector así como para todo o tecido económico das vilas e comarcas onde se emprazan as instalacións portuarias. Ante os bos resultados do Plan Extratéxico da Náutica recreativa 2012.2020, a Xunta de Galicia traballa xa na segunda fase con horizonte en 2028, no que administración e sector seguirán a colaborar para achegar esta actividade á náutica, espertando o seu interese a través de portos atractivos, accesibles e modernos. De aí, a necesidade de reorganizar o sistema portuario e o modelo de taxas, así como a creación de novas prazas de amarre que incrementen a oferta na comunidade.