Xornada de peche contra os duros recortes en Educación

    pecheensinobarbanza.jpgBARBANZA> Na iniciativa que se desenvolveu no IES Número 1 tomaron parte profesores, alumnos e tamén pais de distintos centros educativos da comarca.

    {flowplayer}barbanza/pecheensinobarbanza.flv{/flowplayer}

    Tomando como exemplo mobilizacións deste tipo que se están a realizar noutros puntos de Galicia, a comunidade educativa do Barbanza realizou esta pasada noite un peche no IES Número 1 de Ribeira que se prolongou ata a mañá. A convocatoria estaba aberta á toda a cidadanía, polo que na mesma tomaron parte profesores, alumnos e tamén pais. A iniciativa xurdíu como medida de protesta contra os recortes que está introducir tanto o Goberno Central coma o Autonómico no ensino público.

    Apoio das ANPA´s

    Na mobilización tamén tomaron parte representantes das ANPAs dos centros públicos de todos os niveis de ensino na defensa da educación coma un servizo público fundamental na nosa sociedade do que depende o futuro do país.

    Diversas actividades

    Para facer máis levadeira a xornada de peche desenvolvéronse tamén numerosas actividades coma unha observación astronómica, a xuntanza do club de lectura ou mesmo un concerto reivindicativo.

    Redacción Barbanza