Os propietarios do Sertaches piden solucións a un mes da demolición

propietariossertaches100.jpgMUROS> O TSXG estableceu como límite o 1 de xullo para executa-la demolición da terceira planta e a cuberta do edificio Sertaches, en Esteiro.

{flowplayer}barbanza/plenoextraordinariomuros.flv{/flowplayer}

A corporación muradá celebrou un pleno extraordinario máis concorrido do habitual xa que os veciños do edificio Sertaches, punto principal da orde do día, quixeron coñecer a postura dos distintos grupos políticos en relación á orde de demolición de parte do inmoble.

A alcaldesa informou de que o Tribunal Superior de Xustiza vén de establecer como data límite para a execución da sentenza o 1 de xullo. por esta razón, levou a pleno a licitación da contratación das obras de demolición baseadas nun proxecto que non conta co visto bo de secretaría e intervención xa que ademais de estar incompleto, por nin incluír a reposición da cuberta, non dispón de partida orzamentaria nin vía alternativa para o seu financiamento.

O proxecto non foi aprobado posto que os grupos da oposición votaron en contra da proposta. O voceiro popular acusou ó goberno de non ter feito xestión algunha para a legalización do inmoble.

En termos similares pronunciouse a voceira do grupo non adscrito que, mesmo foi máis alá, plantexando que as irregularidades contempladas no proxecto levado a pleno poderían mesmo derivar nun delito de prevaricación.

Ante as críticas formuladas pola oposición por ter levado a proposta de demolición a pleno cando, din, é competencia exclusiva da alcaldía executa-la orde, a alcaldesa explicou que se trata dun exercicio de transparencia para explicar á cidadanía e ós veciños o estado do proceso. Insistiu en que a intención do goberno é buscar unha solución alternativa antes de ter que executar a orde que a día de hoxe sería inasumible polas arcas municipais. 

Falta de apoio

{flowplayer}barbanza/propietariossertaches.flv{/flowplayer}

Os argumentos esgrimidos polo grupo de goberno durante a sesión plenaria non convenceron ós propietario do edificio Sertaches, situado en Esteiro. Acusan á alcaldesa de non ter apoiado a causa veciñal permitindo que se chegara a esta situación na que a demolición é inminente.

Tras presentarse como parte interesada na causa xudicial agardan evitar o derrubamento e facer posible a legalización do inmoble.

Redacción Barbanza