Xa está en uso a pasarela cuberta entre o colexio e o pavillón de Bergondo

NOIA> Rematadas as obras da pasarela cuberta entre o colexio Felipe de Castro e o pavillón de Bergondo, en Noia. A concelleira de Ensino, Mariola López, supervisou o resultado dos traballos que supuxeron un investimento próximo ós cen mil euros.

Xa está operativa a nova pasarela cuberta entre o colexio Felipe de Castro e o pavillón polideportivo de Bergondo. Esta actuación, que supuxo un orzamento próximo ós cen mil euros dos que a Xunta subvencionou noventa mil euros, facilitará o acceso entre as dúas instalacións especialmente nos días de chuvia xa que os alumnos non deberán saír ó exterior para utilizar as instalacións deportivas.

Ademais da mellora enerxética e illamento térmico  realizáronse obras de rehabilitación no colexio coa substitución da cuberta  e renovación da carpintería exterior. O investimento global ascendeu ós  seiscentos setenta mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí