As obras da gardería infantil de Porto do Son xa están rematadas

    PORTO DO SON> O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de informar do remate das obras de construción da nova escola infantil de Porto do Son, situada na Rúa Campo Atalaia, a carón da casa consistorial. Nesta actuación o Goberno Galego, a través da consellería de Traballo e Benestar, investiu uns 450 mil euros, destinados tanto á construción coma a dotación de equipamento á nova escola infantil. A gardería sonense, que contará con 41 prazas para nenos de cero a tres anos, ten previsto iniciar a súa actividade en setembro. Nos primeiros días do mes contactarase coas familias que xa reservaron praza nas instalacións para realizar entrevistas individuais e tamén se celebrará unha xornada de portas abertas antes do comezo da actividade ordinaria.