Arrancan os preparativos das alfombras do Corpus en Cambados

    alfombras_corpuscopy.jpgCAMBADOS> Unhas oito mulleres comezaron estes traballos que se prolongarán ata o domingo. Dado o traballo que supón, piden a colaboración dos veciños.

    {flowplayer}images/salnes/ALFOMBRAS_CORPUS_040612.flv{/flowplayer}

     Con motivo da celebración do Corpus en Cambados o domingo día dez de xuño, as mulleres encargadas de facelas alfombras para a ocasión xa arrancaron os preparativos para confeccionalas ó carón da igrexa parroquial.

    Nesta ocasión atopamos a oito mulleres, entre elas as máis veteranas e outras que colaboran por segunda vez. Tamén vimos a sacristana da parroquia de Santa Mariña Dozo, Elvira Álvarez, quen nos confesou que se trata dunha tradición cada vez máis difícil de manter ante a escasa colaboración.

    Pero amais destas mulleres, hai outros veciños que tamén colaboran desde as súas casas ou cedendo as flores e o preciso para elaboralas alfombras. É o caso tamén do concello desde onde se amosaron á disposición da parroquia. Nesta ocasión, o obxectivo é poder cubrir o atrio da igrexa e a rúa Padre Peña e bifurcarse desde alí ata as prazas de Alfredo Braña e a do concello. E como cada ano, cun deseño especial.

    Con todo, a pesares do traballo que supón facelas alfombras, todas estas mulleres, veteranas ou non, coinciden en destacar que é un traballo moi satisfactorio que paga a pena, polo que, animaron a tódolos veciños a colaborar.

    Outros veciños farán o mesmo na rúa Hospital.

    Redacción Salnés