Portos licita por 2 millóns de euros a reordenación de atraques

    portogrove100_260308_001.jpgO GROVE > A Xunta investirá algo máis de 2 millóns de euros na mellora dos atraques para as embarcacións de pasaxe …

    … no porto do Grove. O anuncio da licitación das obras, cun prazo de execución de 10 meses, xa saíu publicado hoxe no DOG.

    Esta actuación tamén inclúe o dragado da zona de xeito que se obtén un maior calado, de ata 2 metros, sobre todo para os barcos mexilloeiros. Portos de Galicia reordenará os atraques do porto separando as embarcacións en función da súa actividade. Deste xeito o número de prazas de pasaxe elevarase a 14 e haberá 28 para mexilloeiros e 68 para embarcacións menores. Para as de pasaxe construiranse novos pantaláns ós que se poderá acceder polas escaleiras do peirao e por dúas novas pasarelas.

    Redacción Salnés