Esta primavera, mercar no comercio local ten premio

    PONTEDEPRIMAVERA copia.jpg O GROVE> Zona Centro, Emgrobes, Entretendas, Zona Aberta e o Consorcio participan en ‘Pontedeprimavera.com’.

    {flowplayer}images/salnes/PONTEDEPRIMAVERA.flv{/flowplayer}

    280 memorias USB, unha cesta de produtos valorada en 180 euros, reprodutores MP3, sets de praia, maletas ou un ‘Plan B’ nun pintoresco hotel. Son só algúns dos preto de tres mil premios directos que se poden conseguir esta primavera mercando nos locais asociados a Cambados Zona Centro, Emgrobes, Zona Aberta de Vilagarcía ou o Centro Comercial Urbano Entretendas de Sanxenxo. Estes catro colectivos, xunto ó Consorcio do Comercio do Salnés, forman parte das 18 entidades que participan na campaña ‘PONTEdePRIMAVERA.com’. É a última das iniciativas promovidas pola Federación Foro Galego do Comercio e a Dirección Xeral de Comercio da Xunta, co apoio de Novacaixagalicia, para fomentar as compras a nivel local.

    Ademais, a parte dos premios establecidos a nivel xeral, cada asociación engadiu outros a nivel local, para que a participación na campaña sexa máis atractiva para os consumidores.

    ‘PONTEdePRIMAVERA.com’ está en marcha desde o venres. As tarxetas cos códigos alfanuméricos que se entreguen en cada establecemento poderán rexistrarse na web a calquera hora, os sete días da semana, ata o vindeiro 3 de abril.

    Redacción Salnés