Nace no Barbanza unha plataforma contra os desafiuzamentos

    plataformastopdesahucios100.jpgRIBEIRA> O crecente número de casos de desafiuzamento animou á cidadanía do Barbanza a constituírse nunha plataforma.

    {flowplayer}barbanza/plataformastopdesahucios.flv{/flowplayer}

    Cada cinco días prodúcese un desafiuzamento en Galicia. O alarmante deste dato fai que a cidadanía comezara xa a organizarse para acabar con este problema social. No Barbanza vense de constituír unha plataforma que ten por obxectivo garantir a tódalas persoas unha vivenda digna.

    Consideran que a perda da vivenda debe ser a última opción e apostan pola negociar solucións alternativas como a reorganización dos créditos. Dende a plataforma fan un chamamento a tódolos veciños da comarca a colaborar activamente xa que, insisten, non se trata dun problema individual senón dunha lacra social que ten consecuencias dramáticas.

    Iniciativa Lexislativa Popular

    No seu nacemento, a plataforma barbanzá conta co asesoramento de ‘Stop Desafiuzamentos Compostela’ que xa leva tempo en activo. Na actualidade, están a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para a presentación dunha Iniciativa Lexislativa solicitando a dación en pago.

    Redacción Barbanza