OUTES> A Garda Civil denunciou en Outes a unha condutora infrinxindo o estado de alarma. Na proba de alcolemia que lle realizaron os axentes deu ademais positivo, polo que foi denunciada por un delito contra a seguridade vial por conducir baixo os efectos do alcol.
A Garda Civil de Outes detivo a unha veciña da localidade de 49 anos por infrinxir o estado de alarma. Cando ía ser identificada polos axentes no seu vehículo deuse a fuga por diferentes pistas rurais do municipio, facendo caso omiso os requirimentos da patrulla. Trala persecución e unha vez interceptado o vehículo, a muller mostrouse agresiva e nunha postura de desobediencia ós axentes, chegando mesmo a golpear a un deles coa porta do coche nun brazo e nunha perna.
Despois da detención foi sometida as probas de alcolemia, dando un resultado de 0’98 miligramos de alcol por litro de aire polo que foi denunciada por un delito contra a seguridade vial por conducir baixo os efectos do alcol.