A Deputación destinará 51 millóns a investimentos nos concellos

    PONTEVEDRA> O orzamento da Deputación de Pontevedra para este 2012 ascende a 152,7 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_PTAC_ORZAMENTOS_2012.flv{/flowplayer}

    Segundo o proxecto presentado polo presidente Rafael Louzán as contas para este ano aposta polo investimento, sobre todo o destinado a asistencia técnica e económica ós concellos. Para eles serán 51 millóns de euros, distribuídos no plan provincial de investimentos, no plan de estradas, en actuacións propias e transferencias. Ademais, do plan provincial, ó que se destinarán 20 millóns reservarase un trinta por cento para asistir a concellos con problemas económicos.

    A maiores, a Deputación sumirá o gasto en xestión de servizos sociais básicos en concellos de menos de 20 habitantes, para o que reserva dous millóns e medio de euros. Outro obxectivo deste proxecto de orzamento é non deber nada. Arestora a Deputación ten unha débeda de 98 millóns de euros, que esperan reducir a finais de 2012 en 12,6 millóns.

    A idea é que en seis anos quede a cero. Aforrar é outro obxectivo do goberno provincial. Este ano amortizaranse 50 prazas, co que se aforrará 4,4 millóns de euros en persoal. E ademais suprimiranse os oito organismos autónomos, entre eles o Oral, Turismo Rías Baixas, ou o Museo Provincial, que se concentrarán en Deputación. O presuposto de orzamento debaterase no pleno ordinario de finais de xullo.

    Redacción Salnés