Os escolares de Vilagarcía, no “Laberinto dos soños”

    Preto de 750 rapaces asistiron esta mañá no auditorio municipal de Vilagarcía ó espectáculo teatral e musical "O laberinto dos soños". As concellerías de Educación e Cultura e Caixa Galicia colaboran na programación desta obra, que correu a cargo da compañía Teatro Trabalinguas.

    Os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria de distintos centros de ensino de Vilagarcía encheron hoxe o auditorio para desfrutar deste "Laberinto de soños". Trátase dun musical especialmente concibido para nenos de entre 6 e 12 anos, no que se mesturan a intervención dunha banda, que conta o conto por mediación da música e da voz, e a proxección de imaxes que recrean visualmente a historia. Unha representación a cargo da compañía Teatro Trabalinguas.

    O vindeiro mes haberá máis teatro para nenos. Será os días 23, 24 e 25, cando se poderá ver a obra “Si tienes un papá mago, un espectáculo programado pola Obra Social de Caja Madrid e dirixido a nenos de entre catro e oito anos.

    Redacción Salnés