800 rapaces coas súas bicis toman o centro de Vilagarcía

VILAGARCÍA> 800 nenos e nenos e as súas bicicletas déronse cita hoxe no centro de Vilagarcía. Durante esta semana estiveron aprendendo no cole as vantaxes de moverse pola vila sobre dúas rodas. A rapazada ten a lección moi ben aprendida e reivindica que os condutores os traten con respecto. Cóntannos que dende ben pequenos anda en bicicleta cos amigos e a familia e que queren seguir pedaleando. Esta concentración ciclista forma parte da Semana da Mobilidade que organiza o Concello.

Cómoda, áxil, boa para a saúde e tamén para o planeta. A bicicleta conta con tódolos ingredientes para cativar a grandes e, por suposto, a pequenos. É o caso de Vilagarcía, onde os nenos e nenas móvense sobre dúas rodas pola cidade como peixe na auga. Hoxe, procedentes dos distintos centros educativos, déronse cita no centro da vila. Moitos decláranse usuarios habituais.

Nos últimos días nos centros educativos estiveron aprendéndolles como circular pola cidade con total seguridade. Unha lección, explican os profes, que hai que ensinar dende ben cativos. E a rapaza, polo que nos conta, ten a lección ben aprendida. Engaden que Vilagarcía é un bo lugar para andar en bicicleta.

Esta Festa da Bicicleta forma parte da Semana da Mobilidade que impulsa o Concello. O Concello, por certo, fai un balance máis que positivo do conxunto de iniativas a prol da mobilidade amable que se organizaron ao longo desta semana, destacango o ‘Vai de rúas’, o primeiro congreso de mobilidade que se impulsa na cidade. E engade o alcalde, cómpre seguir fomentando o uso de medios limpos e mellora-lo transporte colectivo para conseguir que o vehículo privado cada vez teña menos protagonismo no centro das cidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí