![]()
SALNÉS> O obxectivo desta iniciativa era abrilas adegas para achegalo albariño a veciños e visitantes, ofrecendo unha xornada diferente.
{flowplayer}images/salnes/EntregaPremiosDesafioRiasBaixas.flv{/flowplayer}
Satisfeitos pola participación e pola acollida que tivo esta primeira xornada de portas abertas que se celebrou o pasado 26 de maio. Así se amosaron dende a Ruta do Viño Rías Baixas na entrega de premios do Desafío Rías Baixas que se levou a cabo durante esta xornada.
O obxectivo desta iniciativa era abrir as adegas para achegar o albariño a veciños e visitantes, ofrecendo unha xornada diferente na que coñecer o proceso de elaboración e degustar estes viños.
Enmarcada dentro do Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia, esta iniciativa foi promovida por Turgalicia, conscientes de que o galego é o principal mercado turístico para as Rías Baixas. Aproximadamente unhas 900 persoas visitaron as adegas nesta primeira edición e agardan que nos vindeiros anos continúe collendo forza.
E para os máis valentes púxose en marcha ese Desafío Rías Baixas, que consistía en resolver unha serie de adiviñanzas, relacionadas coa Ruta. A gañadora conseguiu descifrar 15 dos 30 plantexados e recibiu ademais do seu trofeo, un lote de sesenta botellas das diferentes adegas participantes.
Tamén se entregou neste acto o premio á fotografía que acadou maior número de “me gustas” no facebook da Ruta do Viño. Para a premiada unha estancia para dúas persoas no establecemento enoturístico Lagar de Costa.
A maiores, sorteos entre os participantes, lotes de licores e comidas en distintos restaurantes entre eles o Parador de Cambados. Todo co obxectivo de continuar promocionando o albariño tanto dentro como fora das fronteiras da nosa comarca, obxectivo que a vista dos comentarios está máis que cumprido.
Redacción Salnés







