O naufraxio do Santa Isabel exposto en Cambados

CAMBADOS>¿Algunha vez escoitaron falar do Titanic galego?. Con este nome coñécese ao naufraxio do “Santa Isabel”, un transatlántico de vapor que afundiu preto da illa de Sálvora no 1921. O concello de Cambados recolle agora a historia deste barco e das 213 persoas que nel faleceron cunha exposición no salón JoséPeña.

Un dos capítulos máis negros da historia galega ten que ver co afundimento do Santa Isabel preto da illa de Sálvora. O transatlántico a vapor partira dende Coruña con destino a Cádiz facendo escala en diferentes puntos como Vilagarcía. Ao entrar na Ría de Arousa o barco chocou e afundiu. O seu afundimento levouse a vida de 213 persoas. A súa historia está recollida na exposición “Santa Isabel, o naufraxio”.

Na exposición poden observarse pezas do barco, réplicas, fotografías, biografía dos falecidos e historia da sociedade da contorna naquela época.

A maior traxedia marítima na historia de Galicia deixou tamén historias sorprendentes. A máis importante foi a detres mulleres de Ribeira que se achegaron coas súas embarcacións tralo afundimento e conseguiron salvar a preto de 53 persoas. Pero a máis sorprendente foi a do segundo oficial, Luís Cebreiro, que axudou nas tarefas de rescate e chegou a Sálvoranadand.

A historia destas persoas é o que máis destaca o organizador da exposición.

A exposición permanecerá en Cambados ata o domingo e poderá visitarse en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 horas. A vindeira semana o Santa Isabel volverá a partir pero continuará no Salnés, xa que a exposición trasladarase á Illa de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí