AMBAR xa dispón do piso tutelado cedido polo concello

    entregapisotuteladoambar100.jpgRIBEIRA> A Asociación de Persoas con Diversidade Funcional AMBAR dispón xa dun piso tutelado cedido polo concello.

    {flowplayer}barbanza/entregapisotuteladoambar.flv{/flowplayer}

    A presidenta de AMBAR, Milagros Rey, recibía de mans do alcalde de Ribeira as chaves do piso tutelado que o concello vén de ceder a asociación. Trátase dunha vivenda de noventa metros cadrados situada nun baixo do edificio Mirador de Padín, con tres dormitorios, dous baños, cociña e salón comedor.

    A capacidade máxima é de seis persoas aínda que a intención de AMBAR é non superar os catro inquilinos ademais dos supervisores.

    Auntonomía e integración

    O obxectivo deste piso tutelado é favorecer a autonomía persoal das persoas con diversidade funcional de xeito que adquiran independencia a través da realización das tarefas domésticas e da convivencia.

    A presidenta da asociación quixo agradecer ó concello a consecución desta vivenda tras moitos anos de conversas para leva a cabo este proxecto. Tamén colaborou na iniciativa CaixaBank cunha achega económica para a dotación do inmoble.

    O concello non só colabora con AMBAR senón que tamén cedeu outra vivenda situada no mesmo portal á asociación AMICOS que se entregará nos próximos días.

    Redacción Barbanza