Meis pon en xogo máis de 3.000 euros para apoiar o comercio e hostalería local

MEIS> Meis volve animar as vendas de Nadal no comercio do municipio. O concello impu lsa de novo a campaña ‘Este Nadal prémiate en Meis’, no que pon en xogo máis de 3.000 euros en rasca e gaña. Por cada compra superior a 20 euros, cada cliente recibirá un boleto que, de resultar premiado, poderá gastar no comercio e hostalería meisina. Ademais, hoxe tamén presentaron o conxunto da programación de Nadal, da que salienta unha festa-baile de Aninovo, logo das badaladas de Fin de Ano.

‘Este Nadal prémiate en Meis’. O concello volve lanzar por estas datas a súa campaña de apoio ao comercio local e a hostalería.

En total, póñense en xogo 32 rascas cun premio de 45 euros e 64 papeletas, cun de 25 euros. Por cada 20 euros, cada cliente recibirá  un rasca, nunha campaña que se prolongará do 9 de decembro ao 9 de xaneiro.

TAdemais, o goberno local presentou esta mañá a sua programación para este Nadal. Destaca a Festa de Aninovo, do 1 de xaneiro, que impulsa a asociación A Vertula, co apoio do Concello. As entradas xa están á venda a 20 euros.

TT

Para a rapazada, hai varias propostas, destacando a visita de Papa Noel e os Reis, o Ludomeis ou un Campamento de saúde Dixital, entre outros.