Boiro suma unha nova bandeira azul e Porto do Son perde dúas

    bandeirasazuisbarbanza100.jpgBARBANZA> A pesar de que Galicia continúa á cabeza cun total de cento vinte e seis bandeiras azuis, na comarca dúas praias perderon este recoñecemento.

    {flowplayer}barbanza/bandeirasazuisbarbanza.flv{/flowplayer}

    Ribeira e Boiro sitúanse á cabeza da comarca no número de bandeiras azuis que ondearán nas súas praias, seis en cada un. Na capital barbanzá ostentan este distintivo os areais de Coroso, O Vila, A Corna, O Touro, Río Azor e Ameixida mentres que no municipio boirense serán Barraña, Carragueiros, Mañóns, A Retorta, O saltiño e A Ladeira do Chazo que se incorpora este ano á listaxe.

    A Pobra mantén os seus dous distintivos en Cabío e na Illa. Na ría de Muros Noia, na praia muradá de San Francisco volverá ondear a bandeira azul.

    A nota negativa é a perda dos dous distintivos na Ornanda e nas Furnas en Porto do Son que quedará tan só con Aguieira e Caveiro.

    Pola contra, o Náutico de Portosín renova a súa bandeira, ó igual que o porto deportivo de Ribeira e a Mariña de Cabo de Cruz.

    Redacción Barbanza