Boiro acolle a última etapa do I Trofeo Astur-Cántabro-Galego de ciclismo

    BOIRO> Este trofeo que arrancou o pasado dez de xuño componse de seis probas; dúas en Asturias, dúas en Cantabria e outras dúas en Galicia: unha en Viveiro que supuxo o punto de partida e a de Boiro que este domingo pechará o ciclo. Os distintos clubs participantes achegarán ata o municipio barbanzán más dun cento de competidores nunha carreira de algo máis de cincuenta quilómetros por varios puntos da comarca. Pola súa banda, o alcalde amosou unha vez máis a súa satisfacción por seguir apoiando a promoción deportiva entre a mocidade. Así mesmo, pediu a colaboración veciñal ante as molestias que poida ocasionar esta competición na circulación posto que se tratará soamente dun corte puntual no momento da sáida prevista para as once e media da mañá.